
O Concello volve precintar a tapería de Combarro sen licencia de actividade e con numerosos incumprimentos sanitarios e urbanísticos
Desde o Goberno local recordan aos establecementos a obriga de cumprir a normativa, tamén no referido a terrazas, limpeza e baldeado para garantir a convivencia entre turismo, hostalería e veciñanza.
















