Enderezo
Rúa Domingo Fontán, 4. 36163. Poio, Pontevedra (Casa Rosada)
Horario
Lun –Xov: 7:30 am – 18:30 pm / Venr: 7:30 am – 14:30pm
Contacto
Que é a atención temperá?
O servizo de atención temperá son un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á contorna, que ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.
Que é a atención temperá?
Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en
situacións de risco de padecelos, empadroados no Concello de Poio, así como
ás súas familias e á contorna.
A atención temperá en Galicia é unha competencia compartida pola Consellería
de Política Social, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria que, cos seus equipos de intervención,
forman a Rede galega de atención temperá. Esta rede dispón duns equipos
transdisciplinar que, dependendo da valoración realizada, abordarán o caso
desde unha ou outra especialidade do equipo.
A familia deberá acudir ao servizo de pediatría do centro de saúde que lle
corresponda e informará o pediatra da sospeita de trastorno do
desenvolvemento.
Será este profesional quen fará o diagnóstico previo, en función do cal derivará
a familia ao Servizo de Atención Temperá.
Na maioría dos casos son as familias as que presentan a sospeita dun
trastorno do desenvolvemento, pero nalgúns casos estas situacións detéctanse
nas escolas infantís, colexios, nos servizos sociais comunitarios ou mesmo por
outra instancia que trata o menor e a súa familia. No caso de que a sospeita se
detecte fóra do ámbito familiar, debe informarse a familia e/ou as persoas
responsables do neno ou nena para que acudan ao servizo de pediatría, que
iniciará o procedemento que corresponda.
Tamén pode ampliar información na páxina oficial da Xunta de Galicia dende a seguinte ligazón Acceder
Atención temperá
