Contacto
986 77 00 01, ext. 1293, 1206 (Tramitacións)
986 77 00 01, ext. 2039 (Enterrador municipal)
O Concello de Poio é titular do Cemiterio Municipal de San Xoán, que data do ano 1914.
É posible tramitar nas oficinas municipais, solicitudes de transmisión de titularidade por herdanza, de aluguer, e de exhumacións ou reinhumación de cadáveres acompañados da necesaria tramitación sanitaria na Xunta de Galicia.
Conta o Cemiterio Municipal cunha pequena porcentaxe de nichos en aluguer para persoas necesitadas do municipio.
A construción adicional de panteóns e columbarios realizase sempre previa licenza de construcción municipal, sobre parcelas concedidas polo propio concello en procedemento público.
As concesións dan lugar a edición do Padrón do Cemiterio Municipal de Poio e devengan unha taxa anual.
O cobro da taxa do Cemiterio Municipal esta delegado no servizo de recadación da Deputación Provincial, ORAL.
Taxa de cemiterios
O cobro da taxa do Cemiterio Municipal esta delegado no servizo de recadación da Deputación Provincial, ORAL.