Xulgado de Paz

O xulgado de Paz de Poio ostenta as seguintes competencias en materia de orde civil e Rexistro Civil sempre referíndonos a feitos ocorridos neste municipio

Enderezo

Rúa Castelao nº5
San Xoán, 36995 -Poio

Horario

09.00 h – 14.00 h

De luns a venres

 

Na orde civil

Teñen competencia para:

Rexistro Civil

Nos Xulgados de Paz están os chamados Registros Civís “delegados”, cuxas competencias son:

En materia de inscricións

Só poden practicar por si mesmos os seguintes asentos:

1

Inscricións dentro do prazo legal de nacementos de fillos que houbera dentro do matrimonio.

2

Inscricións ordinarias de defunción.

3

Inscricións de matrimonio na forma relixiosa mediante a correspondente certificación eclesiástica.

4

Inscricións de matrimonio civil cuxo expediente sexa instruído polo propio Xuíz de Paz ou que lle sexa enviado desde outro Rexistro Civil por ser elixido este Rexistro ( ou concello) polos contraintes para celebralo.

En cambio, para a extensión doutros asentos deberán recibir instrución particular e por escrito do Encargado do Rexistro Civil principal (Pontevedra), salvo caso de urxente necesidade.

En materia de expedientes rexistrales

Carecen de competencia, excepto para os dous seguintes:

– Expedientes de Fe de vida e estado.

– Expedientes previos de matrimonio civil.

Scroll al inicio