Enderezo
Rosalía de Castro nº 2,
36163 – Poio
Horario
Atención ao público
09:00 h – 14:oo h
De luns a venres
Problemas cunha sanción
As sancións da Policía Local son unha arma eficaz para manter o bo uso dos espazos públicos e as normativas que rexen a nosa convivencia. Normalmente, os axentes realizan o seu traballo coa suficiente cordura e equidade, co que o índice de problemas e reclamacións xenerados polas multas é baixísimo.
Oficina Virtual do ORAL, Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais
Cita previa 886 211 400 / 886 211 420
Campañas da Policía Local
A Policía Local de Poioo realiza campañas especiais para mellorar a actitude das persoas no seu uso da mobilidade, normalmente destinadas a temas relacionados co tráfico, a maior fonte de conflitos no espazo público de Poio.
Estas accións non só son publicitarias ou de comunicación, senón que se planifican estratexias para implicar aos axentes e á cidadanía, co obxectivo de difundir as boas prácticas da mobilidade.
Educación viaria
Cinco colexios e dous institutos de Poio participan na campaña de Educación Viaria. As actividades son diferentes segundo o nivel educativo.
Avisos de mobilidade
Neste espazo relaciónanse as principais incidencias que vostede pode atopar á hora de moverse pola cidade, maiormente derivadas das obras que se realizan na cidade.
Programa Axente Titor
Servizo da Policía Local especializado na promoción do respecto a os dereitos da infancia.
POLICÍA LOCAL DE POIO
Programa Axente Titor
O Programa Axente Titor é un servizo da Policía Local especializado na promoción do respecto a os dereitos da infancia, polo que a súa intervención concentrase no ámbito da protección do menor e a prevención no entorno escolar.
Dende esta perspectiva, o programa preséntase como un recurso máis para apoiar á comunidade educativa, na estreita coordinación co resto de profesionais da rede de recursos municipais.
O Protocolo do Programa Axente Titor que presentamos, pretende recoller o grado de axuste e definición necesario para a implantación e posta en marcha do Programa Axente Titor no Concello de Poio.