Centro de información
á muller

O CIM é o Centro de Información á Muller, de titularidade municipal, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xenero, desenvolvendo ó mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas de violencia.

Enderezo

Avenida Andurique, 1B

San Salvador-Andurique

36163 – Poio

Horario

Atención xurídica

08:00 h – 14:30 h

De luns a venres

Atención psicolóxica

08:00 h – 14:30 h

De luns a venres

Contacto

IV Plan de igualdade
entre mulleres e homes
do Concello de Poio

2022 – 2026

Guía práctica para fomentar
os valores da igualdade

Sementamos igualdade

Programas xerais

Información e asesoramento xurídico

Coordinación con outros servizos, para o tratamento de problemáticas asociadas

Saúde, emprego, recursos sociais

Atención psicolóxica

Programas dirixidos a mulleres vítimas de violencia

Programa de asistencia psicolóxica especializada

 Asesoramento, intervención en crise, terapia individua, terapia de parella e terapia familiar

Programa de asesoramento e apoio social

 Procura de casa de acollida, vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas e coidado d@s fill@s, recursos e apoio social, saúde

Programa de asesoramento e asistencia xurídica

 Asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan

¿Cales son os principios de actuación?

1

O anonimato na identidade das usuarias

2

O respeto á vontade das usuarias na procura das posibles solucións ás consultas plantexadas

3

A gratuidade de tódolos servizos

4

O respeto ó principio de confidencialidade

Captura de pantalla 2024-04-04 115217
Scroll al inicio