Arquivo municipal

Enderezo

Praza do Mosteiro nº 1, Soto
Convento San Xoan
36995 – Poio

Horario

10.00 h – 14.00 h

De luns a venres

Servicios

1

Consulta

O acceso á documentación é libre, coas restriccións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación dos documentos. Para a consulta fai falla documentación acreditativa. Recomendámoslle que aporte tódolos datos ou documentos que poidan axudarnos a localizar a información que precisa.

2

Reprografía

Pódense solicitar fotocopias suxeitas a taxas.

3

Búsqueda de información

Búsqueda de información de carácter interno solicitada polos negociados para a xestión municipal.

O Arquivo

Deste funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación, na que se dispón dun local debidamente equipado para a súa conservación, tratamento e consulta; ademais nos últimos anos creouse no seu cadro de persoal a praza de arquiveiro-bibliotecario para o seu tratamento e control.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e reforma do local e a publicación do seu inventario.

O Arquivo Municipal é a oficina que actúa como depósito donde se conservan ordenadamente documentos, escrituras e expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser empregados para a xestión administrativa, a información e para conservar a memoria histórica do noso Concello.

O arquivo en datos

Nº de unidades de instalación

5.065

Nº rexistros inventario descritivo

27.324

Nº rexistros inventario somero

6.397

Nº rexistros cadro de clasificación

159

Scroll al inicio