POIO DESATASCA E REGULARIZA OS PRIMEIROS VADOS QUE ACUMULABAN CASE DOUS ANOS DE RETRASOS

12/01/2024

2023.

Menos dun mes necesitou o Concello de Poio para desatascar e regularizar as primeiras solicitudes de vados permanentes dos máis de 40 expedientes que acumulaban caes dous anos de atrasos. As medidas implantadas polo novo Goberno local permitiron desbloquear e alixeirar os trámites e ofrecer unha solución aos veciños que levaban todo este tempo esperando para poder reservar as entradas en garaxe e accesos, pero tamén permitiron regularizar algunhas placas que non estaban adaptadas á normativa nin dadas de alta no ORAL.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Maritxe González, xa repartiu as primeiras dez placas, e indica que seguen traballando para dar unha resposta rápida ao resto de solicitudes. “Queremos ser prácticos e eficientes, os veciños non poden esperar meses e meses por un trámite que pode resolverse en cuestión de semanas”, sinala. Ademais, explica que nalgúns casos estes expedientes estaban xa iniciados ou mesmo contaban xa co informe favorable da Policía Local, que é un requisito imprescindible para facer a autorizacións, pero que “incomprensiblemente” quedaron bloqueados na tramitación final e recoñece que, incluso, había solicitudes de pintado tamén sen executar.

“Queremos dar unha resposta rápida a todas estas persoas e por iso xa estamos avanzando na resolución dos expedientes que quedan pendentes”, e explica que son solicitudes ás que se lles requiriu máis documentación ou que necesitaban autorización das administracións titulares da estrada á que dán acceso o garaxe ou a entrada.

Maritxe González indica que tamén están traballando para desatascar as solicitudes de prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida, que acumulaban ata un ano de retraso.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio