O alcalde, Ángel Moldes, e o concelleiro de Deportes, Tucho Muíños, recibiron esta mañá á Selección Española Feminina Sub-19 de fútbol sala antes do partido amigable que disputarán esta tarde no pavillón da Seca, en Poio.
Durante o acto, Moldes destacou a gran afección ao fútbol sala existente no municipio, especialmente na categoría feminina, cun club de referencia como é o Poio Pescamar.
Así mesmo, o rexedor fixo entrega dun agasallo conmemorativo en agradecemento á colaboración da Federación Española de Fútbol e por escoller Poio como sede deste encontro. Pola súa banda, a selección agasallou ao Concello cunha camiseta asinada polas xogadoras.