2053. O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), confirma que ao longo do 2023 o Concello de Poio, a través do departamento que dirixe, volverá impulsar diferentes cursos e accións encamiñadas a reforzar a busca de emprego, a formación e o emprendemento entre os veciños e veciñas do municipio. “Imos darlle continuidade a iniciativas que desenvolvemos durante 2022 e que resultaron todo un éxito, tanto no que a número de persoas inscritas se refire como a insercións laborais”, explica o edil do Goberno municipal, que incide en que a organización destas formacións teñen continuidade “dada a alta demanda e as solicitudes que nos chegan desde a cidadanía”.
Un total de 15 restaurantes de todo o municipio ofrecerán tapas, pratos e menús a prezos especiais co bivalvo como...