Poio felicita a María Teresa Arís, Laura, que celebra os seus 101 anos coa curiosidade intacta

05/10/2026

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, trasladou a felicitación da veciñanza a María Teresa Arís, Laura, que celebrou onte, domingo, o seu 101 aniversario rodeada do agarimo da súa familia e mantendo intacto o seu interese por aprender e comprender o mundo que a rodea.

“Cumprir 101 anos é toda unha celebración, pero conversar con Laura permite descubrir algo aínda máis especial: a súa enorme curiosidade e as súas ganas de seguir aprendendo”, destaca Moldes.

Apaixonada pola lectura, gústalle compartir reflexións sobre os libros que pasan polas súas mans e interesarse polo que acontece ao seu redor. Nin sequera os grandes temas do presente lle son alleos: a intelixencia artificial ou o cambio climático forman parte das conversas dunha muller que, aos 101 anos, continúa mirando o mundo con interese e curiosidade.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio