2023. Poio volverá a ter visibilidade como destino turístico na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebrará en Madrid entre os días 18 e 22 de xaneiro. A tenente de alcalde e responsable desta área, Silvia Díaz (Avante Poio), e a técnica de Turismo Mónica Neira estarán presentes o xoves 19 no que é un dos grandes eventos de referencia no sector a nivel internacional. Díaz confirma que, ao igual que na edición de 2022, Poio estará novamente presente formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España, da que forma parte Combarro desde 2019, xunto a máis cun cento de localidades españolas, e das cales só nove son galegas. Esta rede está impulsada polo Instituto del Desarrollo Local y Estudios Sociables (IDL), co obxectivo de promover iniciativas, actuacións e proxectos, en colaboración coas administracións públicas, que fomenten a promoción e o medre da actividade turística.
Un total de 15 restaurantes de todo o municipio ofrecerán tapas, pratos e menús a prezos especiais co bivalvo como...