2023.
O concelleiro Marcial García visitou as obras de ampliación e mellora da accesibilidade desde a estrada de Campelo ao Centro de Saúde.
A Xunta de Goberno aprobará este martes a creación de dous novos parkings en Anafáns, que facilitarán a accesibilidade e o estacionamento de vehículos nunha zona con moitas vivendas unifamiliares, establecementos comerciais e na que, ademais, está ubicado o centro de saúde. E, a maiores, están tamén acondicionando un terceiro na rúa do Adro.
As dúas parcelas de Anafáns teñen acceso desde o camiño da Ferreira e, a maiores, outra tamén desde a rúa Cabanas. O novo Goberno conta con poñelas en funcionamento no tempo máis breve posible, pendentes das condicións meteorolóxicas das últimas semanas que están atrasando os traballos de posta a punto.
O mesmo acontece cun terceiro aparcamento disuasorio nesta parroquia, na rúa do Adro. Nese caso, como nos anteriores, o tempo tamén está condicionando as labores de acondicionamento.
VISITA ÁS OBRAS NUN DOS ACCESOS AO CENTRO DE SAÚDE
Ademais, esta mañá o concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, visitou as obras que está realizando o Concello de Poio na rúa Cabanas, e que permitirán mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde desde a estrada de Campelo. Así, o novo Goberno negociou cos veciños da zona para poder retranquear os muros e ampliar a rúa, creando beirarrúas e garantindo maior seguridade para peóns e condutores nunha zona de moito tránsito de vehículos.