2023. Un ano máis, o Concello de Poio contratará de xeito temporal a persoas en situación de desemprego, co obxectivo de reforzar os servizos que se prestan desde os diferentes departamentos municipais. Trátase dunha iniciativa que conta cun investimento superior aos 235.000 euros e que se financia a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (concretamente, pola Liña 3). O edil responsable da área de Persoal, Xosé Luís Martínez (BNG), explica que serán un total de 23 estes reforzos, algúns dos cales xa están contemplados para este mes de xaneiro. Con respecto á duración dos contratos, oscilarán entre os 3 e os 12 meses.
A programación desenvolverase ao longo de todo o mes e incluirá tamén sesións de preparación para obter o certificado oficial...LER MÁIS