2023. O Concello de Poio prepárase para realizar unha celebración moi especial do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, o vindeiro 30 de xaneiro. As áreas de Benestar Social, Mocidade, Igualdade, Deportes e Educación traballan de forma transversal para conmemorar esta data cunha iniciativa solidaria. O obxectivo é recadar fondos para o orfanato ‘Casa do Gaiato’. Situado ao sur de Mozambique, este centro conta na actualidade con máis de 150 de mozas e mozos, con idades comprendidas entre os 3 e os 20 anos, que carecen de familia por mor de conflitos bélicos e enfermidades.
Aberto o prazo para anotarse á escapada termal que o Concello de Poio organiza a Monçao. O Concello de Poio...