O ACTO DÍA DE GALICIA 2023 SIMBOLIZARÁ A ESENCIA GALEGA NA TRADICIONAL ENTREGA DE BANDEIRAS

12/01/2024

2023.

Vilariño será o lugar que acolla o acto institucional co que o Concello de Poio quere conmemorar o Día de Galicia. Será o martes 25 de xullo, ás oito da tarde. “Este 25 de xullo imos celebrar xuntos o que nos une a todos: o orgullo de ser galegos de Poio”, destacou o alcalde, Ángel Moldes, que explicou que esta festa cambiará de ubicación cada ano para poñer en valor os lugares do municipio “que simbolizan a esencia galega”. No caso de Vilariño, segundo expresou Moldes, “é unha xoia do noso patrimonio material e humano que xunta tradición e futuro, familias arraigadas desde séculos e veciños que veñen e fan novas achegas: un lugar plural e diverso pero cunha historia e un proxecto compartido”.

RESERVA A TÚA BANDEIRA

Durante o acto intervirán representantes do goberno local e farase entrega de bandeiras de Galicia ás asociacións de nova creación no Concello e aos particulares e colectivos que o soliciten a través do formulario web no correo alcaldia@concellopoio.gal ou a través do teléfono 986 770 001.

A celebración institucional tamén dará protagonismo á cultura e ao talento locais, con concertos e representacións e rematará coa interpretación do himno galego. Este ano a ambientación musical correrá a cargo da Escola de Acordeóns de Campelo, dirixida por Juan José Mariño, que se unirá ao vocalista Yago Martínez, veciño de San Xoán e vocalista do conxunto Azabache, para interpretar Os Pinos. O alcalde chamou a participar a toda a veciñanza e destacou o formato elixido para conmemorar o 25 de xullo, que será un acto “no que caiban e se sentan cómodos todos, un punto de encontro, aberto, vivo e orgulloso do propio

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio