Natalia Sabarís reúnese con Jorge Cubela para afondar nas liñas de subvencións da Deputación para colectivos culturais

07/05/2024

A concelleira de Cultura, Natalia Sabarís, mantivo esta semana unha reunión de traballo co deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, para afondar nas diferentes liñas de subvencións que a Deputación de Pontevedra destina para colectivos, así como para abordar novas propostas de colaboración para o ámbito cultural.

Durante o encontro, Sabarís puxo en valor a importante actividade asociativa que existe no municipio, e interesouse por iniciativas e accións que permitan impulsar e apoiar a estes colectivos. “O Concello de Poio ten unha actividade cultural propia moi importante ao longo de todo o ano, pero tamén é destacable a importante labor que desenvolven as asociacións, con propostas e iniciativas moi atractivas, variadas e de fomento da cultura”, explica Sabarís que, insistiu “na importancia de colaborar entre administracións e entidades para seguir fomentando e achegando a cultura á veciñanza”.

Neste senso, puxo como exemplo a programación Zona de Obras que o Concello de Poio, coa colaboración con colectivos e a propia Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea, ten en marcha durante todo o ano para adentrarse en novos xéneros e espertar o gusto por novas propostas, como o teatro clásico, a narración ou o circo.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio