Ademais das actividades Saudemente, para exercitar a memoria e facer exercicio físico, inclúense clases de pilates, taichi, ioga, corte e confección e labores do mundo, así como ensaios co coro e co grupo de teatro.
Máis de 350 persoas participan desde esta semana nalgunha das actividades propostas pola concellería de Benestar e de Igualdade para este curso nas diferentes parroquias. A edil Natividad Torres achegouse esta mañá ata a Casa Rosada, onde se está desenvolvendo o curso de taichi, actividade que conta con 80 participantes, e subliñou que “é importante manterse activos, exercitar a mente e interactuar con outras persoas, cuestións que repercuten de xeito directo nunha maior calidade de vida”.
Tamén comezaron xa as clases do programa Saudemente, que inclúe actividades para exercitar a memoria e facer exercicio físico ao tempo que se fomenta a socialización dos participantes e se traballa o coidado emocional. Este programa se organiza de xeito itinerante por todas as parroquias do concello e conta con máis de 120 participantes.
Ademais destas dúas actividades, tamén comezaron as clases de corte e confección, labores do mundo, ioga e pilates, así como os ensaios do coro e de teatro.
Con todo, as inscricións aínda están abertas, así que todas as persoas que queiran incorporarse a calquera destas actividades poden anotarse no Pazo Besada ou no teléfono 986872401.