2023. A Concellería de Igualdade, dirixida pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), xa está a perfilar a programación para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. A edil responsable deste departamento adianta que nesta edición recuperarase o homenaxe a veciñas do municipio, unha por cada parroquia, para recoñecer a súa traxectoria social, vital e laboral. Trátase dun acto que nas edicións dos dous últimos anos non puido desenvolverse por mor da situación sanitaria.Este foi un dos puntos abordados na convocatoria do Consello Municipal da Muller que se celebrou este mércores no Salón de Plenos do Concello. Foi unha cita na que as representantes dos colectivos que forman parte deste órgano ofreceron as súas propostas para elixir ás homenaxeadas neste 2023.
“Ao longo destas catro edicións, fomos consolidando unha programación atractiva, diversa e de calidade, pensada para todos os públicos, o...LER MÁIS