DANIELA GONZÁLEZ, PAULA BAZ, ADARA CASTRO, CARMEN FERNÁNDEZ E DAVID DE LA FUENTE  GAÑAN O CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

13/01/2024

2023.

O concurso de tarxetas de Nadal organizado polo Concello de Poio xa ten gañadores. Os cinco debuxos seleccionados, un por cada parroquia, son de Daniela González Firvida, de 9 anos e veciña de Raxó; Paula Paz Bugallo, 11 anos de Combarro; Carmen Fernández Chapela, 7 anos de San Xoán; David de la Fuente Ureta, 10 anos e de San Salvador; e Adara Castro Naveira, 12 anos e veciña de Samieira. Destas cinco, a tarxeta que vai ser utilizada polo Concello de Poio para editar a súa felicitación institucional de Nadal será a de Daniela González. 

Así o decidiu o Consello Municipal de Cultura, presidido pola concelleira Natalia Sabarís, e do que forman parte membros da corporación e representantes das asociacións SCD de Raxó, SCD de Samieira, AC Vides Novas, AVV Boureante e do Ateneo Corredoira, que se reuniron para analizar os case 300 deseños presentados polos escolares menores de 18 anos que residen en Poio. 

As autoras das cinco postais gañadoras recibirán un premio en metálico de 60 euros e un agasallo conmemorativo. A entrega dos premios farase durante o Nadal, cuxa programación se dará a coñecer a próxima semana.

Natalia Sabarís agradeceu a implicación dos escolares, e destacou a calidade, orixinalidade e creatividade dos traballos que presentaron. Ademais, tamén recoñeceu o apoio dos colectivos que colaboran e dos membros do Consello Municipal de Cultura.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio