O alcalde Ángel Moldes recoñeceu este mediodía a “gran labor e implicación” dos catro traballadores do Concello de Poio que se xubilaron no ano 2023. Así, fixo entrega dun agasallo e do pin do concello, “como xesto de recoñecemento e aprecio” a Faustino Ucha Alvariñas, que foi conserxe do CEIP Isidora Riestra; Dolores Leiro Rey, do servizo de limpeza no CEIP de Espedregada; Carmen Castro Ucha, tamén do servizo limpeza no pavillón da Seca; e a Helena Martínez Epifanio, técnico de mocidade na Casa Rosada. A todos, Moldes lles agradeceu, en nome de toda a corporación, os seus anos de servizo público e dedicación en favor dos veciños de Poio: “a evolución deste concello é posible gracias a traballadores co voso grao de implicación e sentimento de pertenza”. Por último, trasladoulles os seus mellores desexos para esa nova etapa “tan merecida” que comezan.
Aberto o prazo para anotarse á escapada termal que o Concello de Poio organiza a Monçao. O Concello de Poio...