Ángel Moldes recibe a Adrián Sieiro tras proclamarse campión da Copa do Mundo de Brandemburgo

21/05/2026

“As opcións de representar a España e a Poio nesta gran cita son moi grandes e estaremos aí para celebralo cando chegue o momento”.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao piragüista Adrián Sieiro, ao que lle fixo entrega dun agasallo en nome do Concello como recoñecemento ao éxito colleitado hai uns días na Copa do Mundo que se disputou en Brandemburgo, onde o poiense acadou a medalla de Ouro na modalidade C2 500.

Moldes salientou que Poio é berce de grandes deportistas en múltiples disciplinas: “cada un dos vosos éxitos son o noso orgullo. Es un exemplo de esforzo, dedicación e superación”. Ademais, trasladoulle toda a sorte e alento de Poio para as próximas citas deportivas, coa mirada posta nos Xogos Olímpicos: “As opcións de representar a España e a Poio nesta gran cita son moi grandes e estaremos aí para celebralo cando chegue o momento”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio