Aberto o prazo para inscribirse no curso gratuito de atención sociosanitaria no domicilio

06/02/2024

O Concello de Poio e a empresa de axuda a domicilio Idades organizan un curso gratuíto de atención sociosanitaria no domicilio. Unha formación que inclúe clases teóricas e prácticas en empresa, e o alumnado aprenderá a desenvolver intervencións para mellorar a autonomía persoal e as relacións co entorno de persoas en situación de dependencia.

A parte teórica do curso desenvolverase entre o 19 de febreiro e o 1 de marzo, en horario de tarde no edificio dos Guardeses, no Palacete de Besada, e a parte práctica realizarase entre o 4  e 8 de marzo. É unha formación con alta demanda de inserción laboral. De feito, a empresa ofrece un alto compromiso de contratación entre o alumando do curso.

As persoas interesadas poden anotarse desde este luns, 5 de febreiro, en enedina@idades.es ou 986 854 996 ata cubrir as prazas dispoñibles. É necesario indicar nome e apelidos, teléfono de contacto, dirección e formación.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio