A PRAIA DE CABECEIRA ACOLLERÁ UNHA ACTIVIDADE DE RECOLLIDA DE LIXO PARA PROMOVER A CONCIENCIACIÓN MEDIO AMBIENTAL E A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

12/01/2024

2023.

As concelleiras nacionalistas responsables das áreas de  Educación e Deportes, Raquel Rodríguez e Marga Caldas, deron a coñecer os detalles da ‘Herdanza Mater: RE-MAR’, unha iniciativa que chega a Poio en favor da conservación da natureza en espazos protexidos, que tamén busca poñer dar visibilidade e poñer en valor o labor, as aptitudes e a capacidade de persoas que padecen algún tipo de discapacidade, de maneira que “poidamos demostrar que todas elas poden integrarse na sociedade e realizar un proxecto de vida completo”.

En concreto, a actividade pertencente a este programa consistirá na recollida de residuos plásticos na praia de Cabeceira, en Lourido, na que participarán alumnos e alumnos de diferentes centros educativos do municipio, así como membros da propia Asociación Amicos. A cita será o vindeiro 20 de abril, a partires das 11.00 horas, e servirá para conmemorar o Día Internacional da Terra. Os dirixentes municipais lembraron que esta iniciativa dá continuidade á colaboración existente entre o Concello e este colectivo. Cómpre lembrar que en maio do ano pasado a Administración local e a asociación asinaron un convenio para impulsar iniciativas que favorezan ás persoas discapacitadas, ao tempo que supoñen tamén un beneficio a prol das boas prácticas medioambientais, a recuperación de zonas verdes e a concienciación escolar e educativa. Son todos eles valores que encaixan dentro da filosofía consolidada a través da campaña Poio en Verde, creada neste mandato a través destes departamentos, xunto ao de Medio Ambiente, tal e como lembraron as concelleiras do Goberno local, que estiveron acompañadas por responsables de Amicos na presentación da actividade. “Temos claro que a inclusión social, ao igual que o coidado e o respecto polo medio ambiente, deben ser motores de cambio na nosa sociedade”, indicaron.

Baixo o lema ‘a terra non é empréstamo dos nosos pais, senón herdanza dos nosos fillos’, o programa ‘Herdanza Mater: RE-MAR’ quere, con esta cita en Cabeceira, mellorar o estado de conservación do emblemático areal, que desde hai xa varios anos loce todos os veráns a Bandeira Azul como distintivo de calidade, consolidando o enclave como un “referente verde”. A iniciativa dividirase en tres partes. A primeira consistirá nun estudo da zona, a través do cal analízanse cuestións como o tipo de residuos existentes, a accesibilidade e a catalogación das zonas de actuación. Posteriormente, procederase á retirada de plásticos para, finalmente, promover a sensibilización e concienciación ambiental a través do xogo ‘RE-MAR’.

Raquel Rodríguez e Marga Caldas subliñan que o compromiso do Concello a “continuar promovendo e xerando novas oportunidades para que as persoas con discapacidade poidan integrarse na sociedade e realizar un proxecto de vida completo”.

Amicos contribúe a xerar oportunidades
 e 
ofrecer 
apoios aos proxectos 
de 
vida 
das persoas
 con 
discapacidade intelectual, con trastornos do 
espectro autista,
con parálise 
cerebral,
e ás súas familias. Traballa para
 conseguir a inclusión de
cada persoa 
como cidadán de pleno dereito e
 promove a
 construción dunha comunidade
 diversa con conciencia ambiental e respectuosa co seu
patrimonio e cultura.

Ao longo deste ano o colectivo desenvolverá
 a súa 
actividade cun modelo 
de 
intervención
 en o
 que
 as
 persoas,
 familias e 
a comunidade
 ocupan
 o
 centro,
 e 
contará con 
persoas,
 medios, recursos económicos 
e
 alianzas 
para o seu
 desenvolvemento
 efectivo. A sustentabilidade é un dos seus eixos vertebradores que fixa criterios para participar activamente na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, con diversas liñas de actuación, entre as que se atopa o programa Herdanza Mater: RE-MAR.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio