2023. A Aula Cemit de Combarro, situada na antiga Escola do Campo, incrementa a súa oferta formativa gratuíta durante o mes de febreiro. Serán un total de once os cursos de balde que se ofertarán nestas dependencias, en horario de tarde. Ademais, tal e como lembra o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Xulio Barreiro (BNG), seguirá operativa a Aula Aberta, con acceso libre previo rexistro do usuario ou usuaria, de luns a venres entre as 19.30 e as 21.00 horas. Nese horario tamén estarán as instalacións operativas para acoller cursos ou iniciativas organizadas por parte de asociacións e organizacións do concello, previa solicitude.
O alcalde Ángel Moldes comprobou o resultado das obras, que reafirman a aposta do Goberno local pola mellora e mantemento...LER MÁIS