O Concello de Poio presentará alegacións á proposta de construción dun proxecto eólico no Castrove

29/05/2024

Convocarase unha xunta de voceiros nos próximos días para avanzar no documento de xeito consensuado.

O Concello de Poio presentará alegacións ao proxecto de construción dun parque eólico no Monte Castrove. Esta mañá recibiuse unha resolución da Dirección Territorial de Economía e Industria pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa, que afecta aos concellos de Meis, Barro, Pontevedra e Poio.

O alcalde, Ángel Moldes, sinala que xa encargou aos departamentos técnicos que comecen a redactar o documento co que manifestar o rexeitamento do Concello de Poio a unha actuación que conlevaría un importante impacto medioambiental na zona. Ademais, indica que nos próximos días tamén convocará a xunta de voceiros para avanzar no documento de xeito consensuado e amosar unha imaxe común, de unidade e consenso fronte a este proxecto.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio