Aprobadas as axudas ao comedor do CEIP de Lourido durante o último trimestre do ano

01/02/2024

O Concello de Poio aprobou hoxe na Xunta de Goberno local unha axuda de 3.799,50 euros para a ANPA A Gamela do CEIP de Lourido, e que permitiu reducir a tarifa que tiveron que pagar as familias por este servizo nos últimos tres meses do ano, entre setembro e decembro.

Este convenio está asinado cos colexios que dispoñen de comedor escolar en Poio, ao que este curso se incorporou o CEIP Isidora Riestra que inaugurou comedor o pasado mes de setembro. O Concello de Poio outorga unha axuda de 1,5 euros por neno e por día.

Aínda que o convenio é para todo o curso escolar, o pago das subvencións realízanse segundo cada asociación vaia presentando a súa xustificación, de xeito que pode ser trimestral, semestral ou ao final do curso, segundo sexa vontade de cada anpa.

No primeiro trimestre do curso participaron no comedor do CEIP de Lourido 39 alumnos. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio