COMEZAN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO PARQUE INFANTIL DO PASEO DAS REDEIRAS DE COMBARRO

12/01/2024

2023.

Xa comezaron os traballos de mellora e renovación do parque infantil do Paseo das Redeiras, nas proximidades do porto de Combarro. Así o confirmou a edil de Seguridade Cidadá, Marga Caldas (BNG), que lembrou que a intención inicial do Concello era trasladar este espazo de lecer a un lugar máis próximo ao núcleo e á Praza da Chousa, de xeito que no emprazamento do parque se habilitarían prazas de estacionamento. Sen embargo, Portos de Galicia, que á Administración titular da zona portuaria, ambas posibilidades. “Se a postura de Portos é afogar Combarro, a nosa obriga é dotar á veciñanza de servizos”, recalcou Caldas Moreira.

Ante esta situación, e unha vez que no seu día foi completada a desmontaxe dos aparellos, procédese agora á instalación das unidades rehabilitadas, así como á dotación dun novo mobiliario que tamén serve para substituír ao que se atopaba en mal estado.

Marga Caldas lembra que foron varios os escritos que desde o Concello se lles remitiron a Portos de Galicia para que dese resposta da petición formulada en febreiro do ano pasado, para contar coa concesión demanial dos terreos situados en dominio público portuario no Paseo das Redeiras. Finalmente, ante a negativa dada por parte Administración autonómica para trasladar o parque e aproveitar a zona para ampliar prazas de estacionamento, finalmente optouse por acelerar a instalación dos  aparellos no seu emprazamento inicial. A edil nacionalista recalca que “a veciñanza, e especialmente os cativos e cativas, precisan deste tipo de espazos, máxime cando estamos a falar dun lugar que supón un punto de encontro moi importante para a cidadanía”.

Marga Caldas prevé que os traballos finalicen en poucos días, sempre e cando as condicións meteorolóxicas así o permitan.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio