A CASA MUSEO DE COLÓN RECIBE A PLACA QUE RATIFICA A SÚA ADHESIÓN Á REDE DE ESPAZOS MUSEÍSTICOS ATLÁNTICOS

12/01/2024

2023.

A tenente de alcalde e responsable de Turismo e Espazos Cidadáns, Silvia Díaz (Avante Poio); e o edil de Pesca e Marisqueo, Julio Casás (PSdeG-PSOE) recibiron na mañá deste venres a placa que corrobora a adhesión da Casa Museo de Colón, situada en Portosanto, á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), creada a través do proxecto de cooperación interterritorial Morada Atlántica, para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Este distintivo, que será instalado no acceso ás dependencias poienses, foi entregada pola presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez, nun encontro no que tamén participou a xerente desta entidade, Laura Nieto. Tanto Díaz como Casás coincidiron á hora de salientar á importancia de que o museo forme parte desta rede, que foi aprobada neste mandato a través dun acordo plenario que contou co apoio de todos os grupos da Corporación municipal. “O feito de poder formar parte dunha rede tan ampla, da que forman parte máis de 30 instalacións vencelladas ao sector marítimo en toda Galicia, é un paso importante á hora de continuar dando visibilidade ao museo, así como á teoría do Colón Galego”, sinalou Díaz, que lembra que máis dun milleiro de persoas visitaron as instalacións durante o desenvolvemento do Plan de Dinamización de 2022, realizado entre os meses de abril e outubro, e que incluíu visitas teatralizadas ano propio museo de ao Bosque de Colón, así como outras actividades de interese.

Apertura das dependencias

Por outra banda, a tenente de alcalde confirmou que, logo de pechar durante uns meses, as dependencias da Casa Museo de Portosanto volven estar abertas ao público. A día de hoxe as instalacións poden visitarse de martes a sábado,  permanecendo pechadas os domingos e luns. Silvia Díaz adianta que, como xa é habitual, reforzarase o persoal de cara á chegada de Semana Santa e do período estival. A día de hoxe xa se poden adquirir nas instalacións guías de información sobre a Rede REMA, na que tamén se achegan datos de interese sobre as características, contido e material documental e audiovisual que se pode atopar no inmoble de Portosanto.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio