O CONCELLO SOLICITA AO MINISTERIO DE FACENDA QUE ACLARE A TITULARIDADE DA ‘CASA DO ATENEO’ DE COMBARRO

11/01/2024

2023. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, vén de remitir hai uns días unha carta á ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, co obxectivo de que o órgano estatal corrobore definitivamente a titularidade pública da coñecida como ‘Casa do Ateneo’, situada na Rúa Rambla, 5 e que é un dos grandes emblemas históricos da parroquia de Combarro. A través desta misiva, o Concello de Poio solicita a Montero que remita toda a información relacionada coa propiedade. Ademais, tal e como explica a concelleira de Patrimonio, a nacionalista Marga Caldas, tamén foi enviada unha copia do expediente, que conta con toda a documentación que o Concello de Poio reuniu nos últimos anos para dirimir a titularidade deste ben. Tal e como se menciona na carta, o obxectivo é que o Ministerio “revise se se acredita o uso da titularidade do ben ou se, pola contra, existen datos que constaten a existencia dalgún propietario”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio