OS RECURSOS E ATRACTIVOS TURÍSTICOS DE POIO VOLVERÁN COBRAR PROTAGONISMO EN FITUR

11/01/2024

2023. Poio volverá a ter visibilidade como destino turístico na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebrará en Madrid entre os días 18 e 22 de xaneiro. A tenente de alcalde e responsable desta área, Silvia Díaz (Avante Poio), e a técnica de Turismo Mónica Neira estarán presentes o xoves 19 no que é un dos grandes eventos de referencia no sector a nivel internacional. Díaz confirma que, ao igual que na edición de 2022, Poio estará novamente presente formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España, da que forma parte Combarro  desde 2019, xunto a máis cun cento de localidades españolas, e das cales só nove son galegas. Esta rede está impulsada polo Instituto del Desarrollo Local y Estudios Sociables (IDL), co obxectivo de promover iniciativas, actuacións e proxectos, en colaboración coas administracións públicas, que fomenten a promoción e o medre da actividade turística.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio