A RIQUEZA ARQUEOLÓXICA DO MUNICIPIO ACRECÉNTASE CON MÁIS DE MEDIO CENTO DE NOVOS ACHADOS

11/01/2024

2023. Entre os meses de xaneiro e novembro de 2022 a empresa Adro Arqueolóxica levou a cabo un pormenorizado estudo sobre os elementos arqueolóxicos existentes no municipio. Trátase dunha actuación que foi impulsada pola Concellería de Turismo e que, tal e como explica a súa responsable, Silvia Díaz (Avante Poio), supón a primeira fase dunha folla de ruta “a través da cal queremos localizar, identificar e catalogar os bens patrimoniais dos que dispón o concello, para estudar unha futura posta en valor”. A tenente de alcalde fai unha valoración moi positiva deste informe, que serviu, entre outras cousas, para actualizar a información existente e confirmar o achado de máis de medio cento de novos elementos, a meirande partes deles petróglifos, se ben tamén foron descubertos e localizadas varias mámoas e un xacemento da Época Antiga.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio