Comezan os preparativos para homenaxear ás parellas que celebran as súas vodas de ouro

29/10/2026

Os matrimonios que residen no municipio pero que casaron hai cincuenta anos noutro concello e queiran participar neste acto, xa se poden anotar no Pazo Besada.

O Concello de Poio xa está organizando a homenaxe que cada ano rende ás parellas que celebran as súas vodas de ouro. A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, anuncia que esta celebración realizarase o domingo 13 de decembro na Casa Rosada, e por iso xa se están poñendo en contacto cos matrimonios que casaron en 1976 para convidalos a este acto. No caso dos casamentos feitos no municipio, xa están localizados, pero desde Servizos Sociais animan a que todas as parellas que residen en Poio desde hai anos pero que casaron noutro concello a que se anoten en Servizos Sociais antes do 20 de novembro para poder sumarse a esta celebración.

Xa nos días previos á homenaxe, as parellas participarán en xornadas con entrevistas para coñecer a súa historia, as súas lembranzas, anécdotas, descendencias, reflexións e moitas das ilusións que quedan por vivir, que se rememorarán durante o transcurso do acto.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio