Máis de 600 corredores daranse cita esta fin de semana en Poio para disputar a XI Mini BTT e a IV XCO do Monte Castrove

03/06/2026

As inscricións continúan abertas ata esta noite.

Poio converterase esta fin de semana no epicentro da BTT galega, co campionato galego IV XCO Poio e o XI Mini BTT, que se celebrarán este sábado 6 e domingo 7 de xuño, respectivamente. Unhas probas organizadas polo Poio Bike Club que reunirán a máis de 600 corredores de toda Galicia e Portugal e máis de 2.000 persoas, entre familiares e afeccionados durante toda a fin de semana.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, o presidente do Poio Bike Club, Paco Albar, e o concelleiro de Deportes, Cándido Muíños, presentaron as probas, que se desenvolverán no Monte Castrove.

A IV XCO Poio disputarase desde as 15.00 horas o sábado, nun circuíto de 5 quilómetros con distintos obstáculos a través dunha contorna incomparable. As inscricións continúan abertas ata esta noite na páxina web da Federación Galega de Ciclismo, nas categorías sub 23, máster 60, máster 50, máster 40, máster 30, júnior, élite, cadete e infantil, tanto en feminino como masculino.

Con respecto á XI Mini BTT, comezará o domingo ás 10.00 horas, cun circuíto adaptado para iniciación ao ciclismo, desde as categorías benxamín ata alevín e por tempos. A Mini BTT do Castrove é unha oportunidade para que os máis novos disfruten da súa paixón polo ciclismo nun espazo seguro e adaptado, ao tempo que as familias poden gozar dunha xornada deportiva nunha contorna natural excepcional

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio