Inclúense iniciación e reforzo en informática, Intelixencia Artificial, Trámites Online, Compras Seguras en Internet, VideoConferencias Online ou manexo das gafas 3D. Ofrécense máis de 40 horas de formación gratuíta durante todo o mes.
A Aula Cemit de Poio organiza para o mes de xuño nove cursos novos de habilidades dixitais coas que continuar ampliando a súa oferta formativa, e que van desde iniciación e reforzo en informática, intelixencia artificial, trámites online, compras seguras en internet, videoconferencias online, preparación certificado de competencias dixitais e probas EMA ou manexo de gafas 3D. En total, mais de 40 horas de formación gratuíta, para as que xa están abertas as inscricións para participar a través da páxina web https://cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia aula situada en Combarro.
Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 19.30 e as 21.00 horas. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.
Os luns, mércores e venres, entre o 1 e 12 de xuño, organizarase a preparación do Certificado de Competencias Dixitais, para resolver as dúbidas máis habituais que xorden á hora de presentarse a este exame.
“Alfabetización dixital: Iniciación á Informática” impartirase os luns e mércores 1, 3, 8 e 10, e ofrecerase ao alumnado os coñecementos básicos para manexar un ordenador.
Durante o mes de xuño impartirase o curso “Reforzo Informática”, no que se repasarán os contidos vistos no curso de Iniciación á Informática para reforzar os coñecementos adquiridos. Os venres 5 e 12 de 18:00 a 19:30 horas, e do luns 22 ao martes 23 de 10:30 a 12:00 horas.
O luns 15 de xuño celebrarase o curso “Realización de Trámites Online”. Verase os diferentes tipos de trámites que se poden realizar vía online e mediante as apps dos teléfonos móbiles smartphone: Pedir Cita Previa, obter a Vida Laboral ou descargar formularios de solicitudes entre outros. O horario será de 10:30 a 12:00 horas.
O martes 16 de xuño realizarase o curso “Compras seguras na rede”, para coñecer as posibilidades das compras por Internet e saber como identificar as páxinas seguras para realizar compras online. O horario será de 10:30 a 12:00 horas.
O curso “VideoConferencias Online” impartirase o xoves 25, de 10.30 a 12.00 horas, mentres que “Manexo das Gafas 3D”, unha formación nova da Aula, está programada para o luns 29 e martes 30 de xuño. Verase o seu funcionamento, as súas características e as posibilidades que ofrecen para somexerse en contornas e ambientes aos que doutro xeito sería moi difícil ou imposible poder acceder. O horario será de 10:30 a 12:00 horas.
Con respecto á Proba de Aproveitamento dos cursos online EMA, está programada para o venres 30 de xuño en horario de 10.30 a 12.30 horas. Permitirá ás persoas que a superen obter o Diploma de Aproveitamento dos cursos realizados nesta plataforma.
