Participación de récord para o Maratón de Fátima, con 368 persoas inscritas

25/05/2026

O tradicional maratón de Fátima, organizado polo Concello de Poio coa colaboración da Asociación de Veciños de Campelo, rexistrou unha participación de récord: 368 persoas inscritas que veñen a confirmar a consolidación e o interese dunha cita deportiva que non parou de medrar nos últimos tres anos.

Con esta cita deportiva, Campelo convertiuse en protagonista dunha gran xornada de convivencia e deporte. Desde o Concello de Poio lembran que este tipo de eventos e citas deportivas supoñen unha oportunidade para dinamizar a contorna, ao tempo que se promoven hábitos de vida saudables.

A maiores, os asistentes puideron disfrutar do Sabor das Rías Baixas nas foodtrucks da Deputación de Pontevedra, que distribuirá de xeito gratuíto preparacións inspiradas nos pratos típicos dos eventos gastronómicos de interese turístico da provincia.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio