Xunta e Concello inician a construción do tanque de tormentas na Seca para optimizar a rede do municipio

18/03/2026

O convenio asinado, que ascende a 4M€, inclúe tamén renovar as estacións de bombeo de augas residuais no Porto de Campelo e Mirador e completar la adecuación del bombeo de Froiz para mellorar o seu funcionamento. Ángel Moldes sinala que “estamos ante o inicio dunhas das obras máis importantes do noso concello”.

Xunta de Galicia e Concello de Poio inician a construción do tanque de tormentas na Seca, unha infraestrutura clave para optimizar a rede de saneamento do municipio.

Esta actuación enmárcase no convenio asinado entre as dúas administracións, que conta cun investimento de 4M€ e que inclúe tamén a renovación das estacións de bombeo de augas residuais no Porto de Campelo e Miradoiro e completar a adecuación do bombeo de Froiz para mellorar o seu funcionamento.

O alcalde, Ángel Moldes, destaca que “estamos ante o inicio dunha das obras máis importantes que se poden acometer no noso concello para garantir o seu futuro e que supón un paso claro para mellorar o saneamento da ría e para modernizar unha infraestrutura básica como é a rede de saneamento municipal”. Neste senso, sinala que “pode que non sexa unha obra tan visible ou que non luce tanto como outras, pero é unha absoluta necesidade para o noso concello e, polo tanto, unha prioridade tamén para o noso Goberno”.

Por iso, agradece a implicación da Xunta de Galicia porque “mellorar a calidade da auga da ría é tamén apoiar directamente o futuro e continuidade dun dos sectores económicos máis importantes de Poio, como é o sector do mar”.

Este tanque de tormentas que irá soterrado na Seca permitirá almacenar as primeiras augas da choiva, que son as que arrastran toda a sucidade acumulada en rúas e asfaltos, e evitar así que cheguen directamente ao mar. Con todas estas actuacións vaise incrementar de xeito importante a capacidade de recollida e tratamento da auga, contribuíndo así á protección do medio ambiente e desenvolvemento sostible.

O prazo de execución das obras é de 18 meses.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio