2023. A empresa EC Casas será a encargada de acometer o proxecto de integración ambiental na contorna da antiga escola unitaria de Tarrío, na parroquia de Samieira. Trátase dunha actuación de gran importancia, situada nun núcleo singular e que servirá para rehabilitar e poñer en valor unha zona cun gran potencial para converterse nun punto de encontro para a veciñanza. Este proxecto está impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, que dirixe Gregorio Agís (PSdeG-PSOE).
A avenida da Barca, na PO-308 ao seu paso por Poio, recuperará de maneira provisional o dobre sentido de circulación...LER MÁIS