Tamara González comproba as melloras realizadas no Bao para ofrecer un espazo municipal máis cálido e cómodo

18/01/2024

A concelleira de Espazos Cidadáns, Tamara González, comprobou esta mañá no Espazo Municipal do Bao as melloras realizadas nas últimas semanas para mellorar a climatización do local e dar resposta así ás necesidades trasladadas pola Asociación de Veciños.

Entre as actuacións realizadas inclúese a colocación de tarima flotante no solo, que ofrece un espazo máis cálido e cómodo, importante para o desenvolvemento de todas as actividades que se organizan neste espazo e, en maior medida, para as clases de ioga que se desenvolven no chan.

Ademais, tamén se renovaron algunhas das baldosas nas paredes do interior do local e colocáronse reloxos nos radiadores para poder  programar e  regular a temperatura. Segundo sinalou a concelleira, “son pequenas actuacións que melloran de xeito notable o ambiente e a calidade do espazo, ofrecendo un lugar máis confortable, con menos humidades e máis cálido para o seu uso”.

Tamén na contorna deste espazo municipal se limparon as canalizacións da pista deportiva e do vial de acceso, para evitar acumulación de auga e inundacións en días de chuvia.

Con todo, Tamara González asegurou que continuarán traballando para seguir dando reposta e solución as necesidades que vaia xurdindo, e valorou a comunicación constante e construtiva que se está mantendo de xeito permanente con todos os colectivos para seguir avanzando e mellorando os espazos municipais.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio