Renovan a madeira da ponte peonil da Reiboa para mellorar a seguridade

12/03/2024

O Concello de Poio está substituíndo as madeiras da ponte peonil da Reiboa, que xa estaban moi deterioradas polo paso do tempo e sobre os que había risco de rotura.

Así, durante toda a xornada, carpinteiros locais están traballando en retirar a madeira deteriorada e renovala por outra, que incorpora un tratamento especial para exterior, máis resistente e antideslizante. Trátase de labores de conservación dos espazos públicos que está levando a cabo o Concello de Poio e que pretenden garantir maior seguridade ás persoas que, no caso da Reiboa, cada día transitan por esta zona, especialmente coa chegada do bo tempo.

ÁRBORES PRAIA CABECEIRA

Por outra banda, xa se están retirando as árbores con risco evidente de derrube na praia da Cabeceira, en Lourido, onde hai uns meses caeu un eucalipto sobre a caseta das mariscadoras. Costas do Estado autorizou, deste xeito, a retirada desas árbores nos terreos da súa titularidade atendendo ás recomendacións do informe elaborado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Unha situación que era urxente subsanar posto que o mal estado destas árbores supoñían un risco tanto para os usuarios das praias, de feito as mariscadoras volven esta semana a facer traballos na praia da Cabeceira, como dos peóns que transitan diariamente polo paseo.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio