Preto de 150 persoas participan no programa Saudemente que organiza o Concello de Poio en todas as parroquias

27/11/2026

Onte participaron na Casa Rosada nunha charla sobre noticias falsas e desinformación, impartida polos xornalistas Luz Espiño e Alfonso González.

Preto de 150 persoas maiores de 60 anos participan este curso no programa Saudemente, unha actividade organizada polo Concello de Poio que percorre de xeito itinerante todas as parroquias do municipio. O obxectivo principal é favorecer o coidado emocional e físico das persoas participantes, promovendo á vez a socialización, o exercicio mental e a creación de espazos saudables.

Estas sesións se organizan na Casa Rosada, na Seca, Campelo, Raxó, Samieira, Combarro, Ucha e Vilariño, combinando exercicios físicos moderados, dinámicas de estimulación cognitiva e actividades lúdicas orientadas a mellorar o ánimo e a memoria. A metodoloxía busca que as persoas maiores se sintan activas, acompañadas e motivadas, nun ambiente próximo e participativo.

Dentro das actividades, onte participaron na Casa Rosada nun obradoiro sobre desinformación e noticias falsas, impartidos por Radio Pontevedra co apoio do Concello de Poio. Da man dos xornalistas Luz Espiño e Alfonso González, os maiores aprenderon a identificar os bulos e desenvolver o pensamento crítico, principalmente nas redes sociais. Durante a sesión, abordáronse cuestións como os riscos da intelixencia artificial e as noticias falsas, a importancia de contrastar a informar e acudir a medios fiables, o impacto das redes sociais na saúde mental e conceptos como o scrolling e a pegada dixital.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio