Poio instalará unha pantalla xigante na Praza da Chousa para seguir a final do Mundial

18/07/2026

Poio contará este domingo cunha das pantallas xigantes máis grandes de Galicia para seguir en directo a final do Mundial entre España e Arxentina. A instalación, de máis de 40 metros cadrados, permitirá que veciños, veciñas e visitantes desfruten do encontro nun ambiente festivo.

A iniciativa está promovida pola Asociación Comisión de Festexos de Combarro, coincidindo coa celebración das Festas do Carme, e conta coa colaboración da Orquesta La OCA e do Concello de Poio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio