Poio imparte novos cursos gratuítos en competencias dixitais dirixido a persoas en situación de desemprego

28/12/2024

Son dous cursos en nivel intermedio, que se desenvolverán ata abril na aula da Reiboa e nas que agasallará cun equipo informático ao alumnado que supere o itinerario. As persoas interesadas en participar poden facelo en dixigal@bigformacion.com ou no teléfono 654 825 395.

Poio imparte novos cursos de capacitación dixital dirixido a persoas en situación de desemprego. En total son dúas formacións gratuítas, de 200 horas cada unha, e que se desenvolverán entre xaneiro e abril na aula da Reiboa.

Trátase do proxecto DIXIGAL, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Poio e financiado a través de fondos europeos, e que permitirá ao alumnado seguir avanzando en coñecementos informáticos que permitan mellorar a súa empregabilidade, favorecer a busca de emprego a través da rede e, incluso, facilitar as súas xestións a través da rede. Nesta ocasión, os cursos ofrecerán ao alumando ensinanzas en nivel intermedio, para deste xeito dar continuidade ás aprendizaxes de iniciación que se organizaron ao longo deste ano no concello. O alumnado que supere todo o itinerario recibirá como agasallo un equipo informático que lles facilitará seguir practicando todo o aprendido nos seus fogares.

O curso dividirase en cinco unidades formativas de 40 horas cada un delas: busca e xestión de información dixital, resolución de problemas coa entorna dixital, creación de contido dixital e programación, seguridade e civismo na contorna dixital e comunicación e colaboración coa ferramenta dixital. Ademais, tamén se incluirán módulos de formación para a igualdade e de orientación laboral. O nive

A formación é gratuíta e as persoas interesadas en participar ou recibir máis información poden facelo no enderezo electrónico dixigal@bigformacion.com, no teléfono 654 825 395 ou no servizo de Orientación Laboral do Concello de Poio. Cada curso conta con 20 prazas e desenvolveranse entre o 14 de xaneiro e finais de abril. Un deles en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas e o outro, de tarde, de 15.00 a 20.00 horas.

O nivel académico do alumnado esixido é o correspondente ao graduado en ESO e, a aquelas persoas que non teñan esta titulación, faríaselles unha proba de acceso para poder manter un nivel homoxéneo de coñecementos na aula.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio