O alcalde Ángel Moldes visitou esta semana a Dolores Arís, veciña da Seara, para trasladarlle a felicitación do Concello de Poio polo seu 101 aniversario.
Ángel Moldes, que se desprazou ata o centro Saraiva para felicitala persoalmente por este aniversario tan especial, entregoulle un ramo de flores e transmitiulle os mellores desexos en nome de toda a corporación e veciños de Poio.
O alcalde destaca que estas visitas son unha oportunidade para conversar coa homenaxeada e, nesta ocasión, tamén coas súas compañeiras e compañeiros do centro.