A tapa premiada polos votos do público foi a “Carrilleira ao Estilo de Papá”, do restaurante Lameiriña, en Raxó, que recibiu un cheque por valor de 1.500 euros cortesía de Supermercados Froiz; O Bocoi, en Combarro; e O Eirado das Margaridas, en Liñares, segundo e terceiro premio respectivamente.
O Pazo de Colón, en San Salvador, foi o escenario da entrega de premios da primeira edición de ‘Tapea Poio’, no que recoñeceron as tapas máis votadas polo público, ademais de facerse entrega das placas acreditativas a todos os establecementos participantes, e se entregaron os premios ao público, por un valor total de máis de 6.000 euros.
O evento, presidido polo alcalde, Ángel Moldes, contou coa presenza de Felipe Ferrero, xefe territorial de Turismo de Galicia en Pontevedra, como representante da Xunta de Galicia, Nava Castro, deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, a concelleira de Turismo Rocío Cochón, e outros membros da corporación municipal, así como das empresas patrocinadoras, que aportaron os premios ao público: Supermercados Froiz, Conservas Pescamar, Cruceiros Pelegrín, Navieira Mar de Ons, Hotel Villa Covelo e Hotel Apartamento RD.
Tamén estiveron presentes os galardoados chefs poienses Pepe Solla, do Restaurante Casa Solla, e Xosé Cannas, de Pepe Vieira, que entregaron senllos menús degustación para dúas persoas en cada establecemento aos gañadores do sorteo entre o público participante.
Con todo, o protagonismo absoluto foi dos restauradores participantes, especialmente dos gañadores dos premios á mellor tapa, así como as máis dunha vintena de persoas que recibiron o seu premio, logo do sorteo celebrado ante o Secretario municipal entre todo o público que participou e votou pola súa tapa favorita.
Así mesmo, o acto serviu como reivindicación por parte do sector turístico poiense “do orgullo de ser o gran referente gastronómico das Rías Baixas”, logo do éxito colleitado polos establecementos participantes e “o bo sabor de boca que deixou o certame entre os veciños, os visitantes e os hostaleiros”, que é un reflexo do gran nivel da gastronomía de Poio e os seus profesionais e garante a continuidade do concurso.
O alcalde, Ángel Moldes, subliñou que este primeiro certame foi un éxito de participación, “que foi extraordinaria”, pero tamén para os participantes, “que tiveron a oportunidade de darse a coñecer, amosar o seu produto e o seu xeito de traballar”, pero tamén “foi un éxito porque nos permite seguir dinamizando Poio fóra da tempada alta”. Neste senso, asegurou que “non hai maior mostra deste éxito que saber que xa contamos con todos os participantes deste ano para edicións futuras, e que xa hai outros moitos locais interesados en sumarse. Esta é a mellor demostración de que organizalo foi un acerto”.
Durante a súa intervención, confirmou que “aspiramos a que Tapea Poio se converta nun evento fixo no calendario de veciños e visitantes, un reclamo para que percorran o noso concello deleitándose da fantástica oferta gastronómica que temos, e que se suma a outros marabillosos recursos e reclamos que hai no noso concello. Entre todos esramos facendo cada vez máis un Poio máis dinámico, máis vivo e máis dinámico”.
Pola súa banda, edil de Turismo, Rocío Cochón, subliñou a boa acollida da iniciativa e o papel xogado na desestacionalización, e agradeceu a implicación de todos os establecementos participantes. Para Cochón é o reflexo “dunha cultura culinaria moi arraigada, de xeración en xeración e en cada recuncho do Concello”, grazas á que Poio é “un destino Gourmet”, por calidade e diversidade.
Nese sentido destacou a presenza e o respaldo dos chefs Pepe Solla, de “Casa Solla”, e Xosé Cannas, de “Pepe Vieira”, responsables de que Poio sexa, desde hai máis de 15 anos, o concello con máis estrelas Michelín de Galicia, e subliñou como empresas como Froiz, Pescamar, Mar de Ons, Pelegrín son líderes e puntais económicos en distintos sectores “desde Poio”, subliñando que “moi poucos concellos poden dicir o mesmo”
Pola súa banda, o alcalde, Ángel Moldes…
PREMIOS AO PÚBLICO
5 pasaxes para dúas persoas 2 persoas para visitar Tambo ou as bateas con Cruceiros Pelegrín, entregados por Juan Carlos Freijeiro e Silvia Rodríguez, foron para: Juan Roberto Blanco, Luz Oliveira Perez, Lucas Martínez Garrote, Manuel Domínguez Álvarez, Luis Alberto Prado Ramos
5 pasaxes para dúas persoas para visitar a Illa de Tambo ou as Illas Cíes con Naviera Mar de Ons, entregados por Juan Carlos Nacimento e Silvia Torres, foron para:Sara Redondo Sandoval, Raquel Ruiz Gómez, Rosa Mª Sueiro Paz, Luis Rosales Tome e Mercedes Abilleira García
5 Lotes de productos Pescamar Gourmet con maridaxe de Viño, entregados por Lupe Murillo, directora xeral de Conservas Pescamar, foron para: Xosé Martínez González, Carlos Lorenzo Pérez, Marta Pintos, Celeste Vallejo Prado e Lucía Barros Castro
5 cestas de produtos de Supermercados Froiz, entregados polos responsables do Cash & Carry Froiz Diego Rouco e Manuel Riobóo, foron para: Manuel Dominguez, Mª Jesus Pousada Vicente, Carlos Manuel Vidal Buceta, Silvia Torres Torres e Clara María Abal Casas
3 bonos para dúas persoas para estancia en Hotel Apartamento RD en réxime de aloxamento, entregados por Patricia, representante do Hotel Apartamento RD, foron para Dolores Martínez, Ana Ampudia Boullosa e Luisa Sanmartín Rodríguez
2 bonos para dúas persoas para estancia no Hotel Villa Covelo en réxime de aloxamento e almorzo, entregados pola directora, Raquel Santamaría, foron para: Ninfa Ameneiros Gomez e Celia Villaverde
Por último, o menú degustación para dúas persoas no Restaurante Casa Solla, entregado polo chef Pepe Solla, foi para Luis Pallares Cancela
E o menú degustación para dúas persoas no Restaurante Pepe Vieira, entregado polo chef Xosé Cannas, foi para Vanessa López Abal
PREMIOS Á MELLOR TAPA, votados polo público
1º premio, consistente nun cheque de 1.500 euros no Cash & Carry Froiz: Restaurante Lameiriña, en Raxó, coa tapa “Carrilleira ao estilo de Papá”
2º premio, consistente nun cheque de 900 euros no Cash & Carry Froiz: Mesón O Bocoi, en Combarro, coa tapa “Mar e Terra”
3º premio, consistente nun cheque de 500 euros no Cash & Carry Froiz: Restaurante O Eirado das Margaridas, en Liñares (San Xoán), coa tapa “Croquetón de Xamón Ibérico e Polbo sobre base de Puré de Triguero e Crocante de Pataca”
Ademais, entregáronse placas de recoñecemento pola participación no I certame TapeaPoio aos demáis establecementos participantes: • Restaurante Casa Angelita (Lourido), coa tapa “Potaxe de garavanzos”
• Bar Terraza, na Barca, coa tapa “Fabes ao montañés”
• Restaurante “Pinela Terraza”, coa tapa “Mexillón ramallo de mar”
• Restaurante o Peirao, en Combarro, cunha tapa de “Sardiña á brasa con pementos de padrón e pan de millo”
• A Bodega O Bocoi, en Combarro, coa tapa “Mar e Terra”
• Recuncho do Lolo, no Covelo (Samieira), coa tapa “O pultpiño do Lolo”