O NOVO GOBERNO BUSCA SOLUCIÓNS PARA O CONTRATO DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA

13/01/2024

2023.

Un bo contrato é fundamental para prestar o mellor servizo aos veciños, para garantir a calidade da auga e, ademais, para facer investimentos cos que ampliar ou renovar a rede destes servizos básicos.

O Goberno non quere perder tempo e está buscando solucións para o novo contrato de abastecemento e saneamento de agua do Concello de Poio. Tras varias reunións de traballo cos servizos de secretaría e intervención municipais, o alcalde Ángel Moldes indica que a conclusión é clara respecto á situación da empresa que actualmente presta este servizo en Poio: “coa empresa actual hai anos que se extinguiu o contrato, e desde entón está traballando en precario, polo que é urxente e prioritario aprobar un novo contrato e legalizar esta situación canto antes”.

Así, na Xunta de Goberno que se celebrou hoxe martes xa se reserva unha partida nos orzamentos para avanzar e ofrecer a mellor solución aos veciños. Moldes recorda que un bo prego de condicións e un bo contrato son fundamentais para prestar un mellor servizo, para garantir a calidade da auga e, ademais, para poder facer investimentos cos que ampliar ou renovar a rede destes servizos básico. “Coa situación que estamos padecendo desde hai anos os grandes prexudicados son os nosos veciños, estanse perdendo investimentos e melloras na prestación deste servizo. Por iso, o noso compromiso é máximo para intentar resolver este problema canto antes, un problema que se vén arrastrando desde lonxe”, engade.

Con todo, este proceso será longo, xa que o novo Goberno ten que comezar os trámites desde cero porque non se pode aproveitar ningún dos estudos feitos ata o de agora. “Estaban mal feitos, por exemplo, tanto a estrutura de custes, como a fórmula de revisión de prezos ou o estudo de viabilidade contiñan erros de forma e de fondo que fan que sexa totalmente inservible e, o máis grave, é que estaban asentados sobre unha base ilegal que incumpría a lei de contratos do ano 2018”. Unha lei que impide manter o sistema de taxas que hai actualmente en Poio e obriga a cambiala a tarifa do servizo. “Como é de supoñer, ningún técnico vai informar favorablemente uns documentos que incumpren de xeito tan descarado a lei de contratos”, explica o alcalde.

Por iso, Moldes considera “inexplicable” o tempo perdido durante este tempo, primeiro sen sacar durante anos a concurso o contrato cando xa estaba esgotado, e despois elaborando uns documentos que seguían falando de taxa cando por obriga legal deberían incluír tarifas. De feito, engade, xa houbo informes de reparo que non tiveron en conta que advertían da ilegalidade que supoñía manter esta fórmula.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio