O DOCUMENTAL E A EXPOSICIÓN “CHICAS NUEVAS 24 HORAS”, DE MABEL LOZANO, PROXÉCTASE NO IES DE POIO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO 25N

14/01/2024

2023.

Alumnado do IES de Poio visiounou esta mañá o documental “Chicas Nuevas 24 horas”, de Mabel Lozano, no que se denuncia o negocio que xera a explotación de mulleres e nenas. Ademais, entre hoxe e mañá o centro tamén acolle unha exposición sobre este documental, unhas actividades que forman parte da programación elaborada polo Concello de Poio para conmemorar o 25N, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Fegamp.

Durante a mesma danse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, afectadas por esta lacra. O programa esta producido e guionizado por Mabel Lozano, cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que ten abordado a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía. O seu traballo, Biografía del cadáver de una mujer recibiu o Premio Goya á mellor curtametraxe documental. 

Con esta actividade conclúe a extensa programación preparada polo Concello de Poio para o 25N, unha campaña que convidou este ano a facer unha reflexión crítica sobre o uso das novas tecnoloxías, en especial, entre os máis novos, e lembrar que hai que poñer normas e límites para facer un bo uso delas e redobrar os esforzos en educar en igualdade para previr as violencias. De feito, alumnado do IES de Poio foi o protagonista do vídeo institucional que se proxectou e que contou, en primeira persoa, vivencias, experiencias e situacións ás que se enfrontan cada día.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio