2023. O Concello de Poio vén de enviar un requirimento á Xunta de Galicia para que acometa a limpeza da parcela da súa titularidade, situada no lugar de Fragamoreira, nos terreos destinados ao polígono empresarial. Segundo puido constatar a Administración municipal, o estado actual no que se atopa este espazo non se axusta ao establecido pola Lei 7/2012 de 28 de xuño de Montes de Galicia, que establece que no apartado correspondente ás redes secundarias de faixas de xestión de biomasa “nos primeiros 30 metros da faixa non poderá haber especies que favorezan a propagación do lume como piñeiros, acacias e eucaliptos, toxos ou xestas”.
Un total de 15 restaurantes de todo o municipio ofrecerán tapas, pratos e menús a prezos especiais co bivalvo como...