O alumnado de atención sociosanitaria no domicilio rematan o curso con prácticas en empresa

04/03/2024

Ángel Moldes salienta que reciben as ferramentas e os coñecementos precisos para traballar nse sector servizos, con alta demanda laboral.

O alumnado do curso en atención sociosanitaria no domicilio, organizado por Concello de Poio e Idades, rematan esta semana a súa formación coas prácticas en empresa. O alcalde, Ángel Moldes, que visitou ao alumnado ao remate das clases teorícas, destacou a implicación do alumnado durante as clases e recordou que este curso é unha oportunidade importante porque facilita coñecementos e ferramentas para poder traballar nun sector con ampla demanda laboral, unha formación que é gratuíta e conta co apoio dunha empresa con grande prestixio nos coidados.

O curso desenvolveuse durante todo o mes no Edificio dos Gardeses (Palacete de Besada), cunha duración total de 60 horas. Durante as clases, o alumnado aprendeu a desenvolver intervencións para mellorar a autonomía persoal e as relacións co entorno de persoas en situación de dependencia. Entre os coidados que ofrece un profesional da atención sociosanitaria, atópanse as tarefas do día a dia que se prestan na axuda no fogar, como a alimentación, a hixiene ou limpeza da persoa dependente e da súa contorna e atención sanitaria básica.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio