A veciña de Poio, Úrsula Pérez, compite no concurso “Recantos” do Luar, da TVG, representando ás Terras de Pontevedra. O alcalde de Poio, Ángel Moldes, recibiuna na Casa do Concello para amosar o apoio de toda a veciñanza e desexarlle as mellores das sortes neste último tramo do programa.
Úrsula participa en Recantos desde o mes de setembro, e xa está competindo na cuarta fase do concurso. Así, dos 18 participantes que comezaron, xa só quedan oito, facéndose cada vez máis forte a competencia. Este venres terá unha nova proba, e por iso Moldes animou aos veciños de Poio e dos concellos de Terras de Pontevedra a que apoien á súa representante.
Pódese votar por Úrsula desde este venres, no momento no que os presentadores avisen de que están abertas as liñas de voto. Será aproximadamente sobre as 00.30 horas, momento no que o xurado fai pública a súa puntuación. A estes puntos do xurado súmanse as puntuacións do público.
As persoas que queira votar por Úrsula poden facelo no número que se indicará no programa (cinco chamadas gratuítas por usuario), enviando un whatsapp por liña de teléfono indicando VOTO ÚRSULA, e no instagram e facebook do LUAR comentando VOTO ÚRSULA na foto onde aparecen os dous concursantes.